Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018100AM-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 26 de decembro de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018100AM-OU, incoado á entidade co CIF B32287526 como responsable da Aldea Rural Couso Galán, con enderezo na estrada de Freande, lugar do Couso, s/n, 32631 Sarreaus (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á entidade co CIF B32287526 o contido do dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Advírtese que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 6 de febreiro de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2018100AM-OU.

DNI/NIF/CIF: B32287526 responsable da Aldea Rural Couso Galán.

Último enderezo coñecido: estrada de Freande, lugar do Couso, s/n, 32631 Sarreaus (Ourense).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénicos sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: dous mil douscentos euros (2.200 €).