Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase á persoa mencionada no anexo a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, xa que, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.
A resolución foi ditada pola persoa titular da xefatura territorial.
O texto íntegro do acto que se notifica, xunto co seu respectivo expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Esta resolución non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución devirá firme.
Lugo, 28 de xaneiro de 2019
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/outro |
Acto notificado |
LU-2012/0149 |
33331716R |
Resolución de cancelación da inscrición |