Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11298

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de arquitecto polo sistema de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 35, do 19 de febreiro, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición libre, dunha praza de arquitecto, vacante no Concello de Cee, coas seguintes características: grupo A, subgrupo A1, nivel 24.

Cee, 20 de febreiro de 2019

Ramón Ramiro Vigo Sambade
Alcalde