En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o día 25 de xaneiro de 2019, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Ribeira de Piquín para o ano 2019, que comprende a praza vacante de persoal laboral fixo dotada no orzamento da Corporación que non pode ser cuberta con efectivos de persoal existente, respectando as limitacións impostas pola Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, co seguinte detalle:
Núm. vacantes |
Denominación |
Tipo de persoal |
1 |
Traballador/a social |
Persoal laboral fixo |
Ribeira de Piquín, 25 de xaneiro de 2019
Roberto Fernández Rico
Alcalde presidente