Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11227

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2019 pola que se amplían os prazos máximos de execución dos proxectos, os prazos máximos de presentación da solicitude de cobramento e se redistribúen os créditos orzamentarios da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

No Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 1 de xuño de 2017, publicouse a Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

No parágrafo terceiro do resolvo cuarto establécese que o prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de xuño de 2019.

Así mesmo, no parágrafo sexto do resolvo cuarto establécese que para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de xuño de 2019, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 11 de xullo de 2019.

Tendo en conta o elevado número de solicitudes, e o tempo estimado para a súa resolución, resulta conveniente outorgar ao beneficiario un prazo de execución do proxecto suficiente desde a data da notificación da resolución de concesión, polo que cómpre ampliar o prazo máximo de execución e, en consonancia, o de presentación da solicitude de cobramento, fixados inicialmente nas bases reguladoras, e a distribución plurianual dos créditos dispoñibles.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1

Fixar no 30 de setembro de 2020 a data da cal non pode exceder o prazo de execución dos proxectos que se estableza na resolución de concesión establecida no parágrafo terceiro do resolvo cuarto da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 2

Fixar no 9 de outubro de 2020 a data máxima en que o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de setembro de 2020 establecida no parágrafo sexto do resolvo cuarto da devandita resolución.

Artigo 3

Redistribúense os créditos dispoñibles establecidos no resolvo terceiro da nomeada resolución, que terán a seguinte distribución plurianual:

Para a liña de axuda ao investimento en equipamentos produtivos:

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

09.A1.741A.7701

2.000.000 €

1.780.000 €

Para a liña de axuda a investimentos xeradores de emprego:

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

09.A1.741A.7701

1.000.000 €

1.520.000 €

Artigo 4

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica