Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental (DIA) da concentración parcelaria de Brandariz (Vila de Cruces).

En cumprimento do disposto no artigo 44.6 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise pública a modificación da declaración de impacto ambiental (DIA) formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da concentración parcelaria de Brandariz (Vila de Cruces, Pontevedra) e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/declaracions_de_impacto_ambiental/) e na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural