Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de febreiro de 2019 pola que se notifica a incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade urbanística LUL/9/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, acordou o 4 de decembro de 2018, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, entre outros, a Nadia Sohaei Moreda Pérez, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, na rúa Vicedo, termo municipal de Foz (Lugo).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da incoación a Nadia Sohaei Moreda Pérez, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita incoación mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da incoación que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística