Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11385

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e se nomea o tribunal cualificador das probas selectivas para acceso á categoría profesional de analista informático convocadas pola Resolución do 29 de novembro de 2018.

Por Resolución reitoral do 29 de novembro de 2018 (DOG do 30 de novembro e BOE do 21 de decembro) convócanse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de analista informático, grupo I da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Na base quinta da convocatoria disponse que o tribunal cualificador das probas selectivas será nomeado por resolución reitoral que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co indicado e finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas no taboleiro electrónico da USC e nos taboleiros de anuncios da reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Quinto. Nomear as persoas que a continuación se relacionan membros titulares e suplentes do tribunal:

Tribunal titular:

Presidente: Xosé Antonio Rubal López, persoal laboral fixo da USC.

Vogais:

Emilio José Rodríguez Grille, persoal laboral fixo da USC.

Fernando María Tabernero Duque, persoal laboral fixo da USC.

María Isabel Vaquero Quintela, persoal laboral fixo da USC.

Secretaria: María Carmen Soengas Seoane, funcionaria de carreira da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente: José Manuel Velo García, persoal laboral fixo da USC.

Vogais:

María José Cabanas Rodríguez, persoal laboral fixo da USC.

Martín Cacheiro Martínez, persoal laboral fixo da USC.

Diego Conde Pérez, persoal laboral fixo da USC.

Secretaria: María Jesús Pazos Salvado, funcionaria de carreira da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela