Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11529

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2019 pola que se dá publicidade da encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión das actuacións para a execución das obras de construción do novo centro de saúde de Bouzas (Vigo).

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 14 de febreiro de 2019, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde de Bouzas (Vigo).

– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde de Bouzas, estando a dirección da obra contratada polo Servizo Galego de Saúde.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte á sinatura da encomenda, ata a data de finalización do prazo de garantía das obras.

O prazo prorrogarase automaticamente por períodos dun ano, agás que se exprese por algunha das partes a vontade da súa resolución cunha antelación mínima dun mes á data de remate deste e, en todo caso, ata que as obras sexan recibidas pola Administración.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde