Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 472/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 472/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Kevin Morales Lamas contra Adrian Chindris-Iulian, Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade nº 472/2016

Demandante: Kevin Morales Lamas

Letrado: Sr. Martínez Ramonde

Demandado: Adrian Chindris-Iulian

Letrado:

Fogasa

Sentencia 54/2019

A Coruña, 30 de xaneiro de 2019

Parte dispositiva

Estimo a demanda formulada por Kevin Morales Lamas fronte a Adrian Chindris-Iulian e, en consecuencia, condeno a este a aboar ao primeiro a suma de 3.747,65 euros brutos polos conceptos indicados así como os xuros do artigo 29.3 ET.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela cabe recurso de suplicación ante o TSX de Galicia que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de 5 días contados desde o seguinte á notificación desta resolución.

Así o pronuncio, mando e asino

Asinado, Javier López Cotelo.

Publicada o día

Asinado, Marta Yanguas del Valle.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Adrian Chindris-Iulian, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza