Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 243, do 21 de decembro de 2018, cómpre efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 53199, o punto 1.j) do artigo 17 pasa a ser o punto 1.k) do mesmo artigo.
Na páxina 53199, o punto 1.j) do artigo 17 debe dicir: «Asumir a vicepresidencia do Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Galicia».
Na páxina 53200, no punto 3.1.c) do artigo 17, onde di:«Asumir a vicepresidencia da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico Galego», debe dicir: «Asumir a secretaría do Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Galicia».