Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11636

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade de 52 prazas, incluída na OPE de 2018.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 36, do 20 de febreiro de 2019, foron publicadas integramente as bases que van rexer as convocatorias para a provisión en propiedade das seguintes prazas:

– 1 xefe/a negociado de tesouraría (funcionario de carreira, promoción interna, concurso-oposición).

– 1 técnico/a de recursos humanos (funcionario de carreira, promoción interna, concurso-oposición).

– 1 axente de policía local (funcionario de carreira, quenda libre, oposición).

– 1 AEDL (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 1 asistente-traballador/a social (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 2 auxiliares de axuda no fogar (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 3 auxiliares administrativos/as (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 1 coordinador/a formación (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 1 educador/a familiar (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 5 limpador/as (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 1 monitor/a deportivo/a (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 9 oficiais de obras (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 9 peóns de obras (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 11 peóns grumir (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 4 subalternos/as (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

– 1 técnico/a deportivo/a municipal (persoal laboral fixo, consolidación de emprego, concurso-oposición).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Santa Comba, 20 de febreiro de 2019

María J. Pose Rodríguez
Alcaldesa