Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 8 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento administrativo tramitado por esta entidade (expediente 2013/31-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle, a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo a resolución ditada no procedemento administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución emprázase a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, para que no prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselle que contra a resolución se poderá interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 8 de febreiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2013/31-36.

DNI: 53186715C.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 28 de novembro de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa e medida cautelar.