Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12056

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (833/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza de Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 833/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Gómez González contra Juan Liste Brañas e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza, Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2019.

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistido a Samuel Gómez González da súa demanda en reclamación de cantidade fronte a Juan Liste Brañas e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento da súa razón».

E para que sirva de notificación en legal forma a Samuel Gómez González e a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza