Por Decreto de Alcaldía de data 9 de febreiro de 2019 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño.
2. Obxecto do contrato: venda de parcela de 6.264,52 m2 en SUR PPI-2, sector 2.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.
4. Orzamento base de licitación: 444.123,11 € (IVE non engadido) mellorables á alza.
5. Garantías: 25 % do importe de adxudicación.
6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 11 de febreiro de 2019
Eva García de la Torre
Alcaldesa