A titularidade do centro autorizado Presto Vivace, da Coruña, solicita autorización para impartir as ensinanzas profesionais de música moderna, nas especialidades de trombón, trompeta, saxofón, clarinete e contrabaixo, para 5 postos escolares cada unha, de conformidade co Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, que establece os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.
O Decreto 253/1995, do 29 de setembro, desenvolvido pola Orde do 5 de decembro de 1995, regula o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial da Coruña, que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das devanditas ensinanzas.
Por isto, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Autorización de especialidades
Autorizar as novas especialidades de trombón, trompeta, saxofón, clarinete e contrabaixo das ensinanzas profesionais de música moderna, no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:
Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas artísticas profesionais de música (CEMU).
Denominación específica: Presto Vivace.
Código do centro: 15033125.
Enderezo: rúa Posse, 37 bis.
Código postal: 15009.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Titular: Cristina Goás Casal.
Composición resultante:
Ensinanzas artísticas profesionais de música moderna nas especialidades de guitarra eléctrica, baixo eléctrico, percusión, canto, piano, trombón, trompeta, saxofón, clarinete e contrabaixo.
Total postos escolares: 50.
Artigo 2. Inicio da actividade
Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinala nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional