Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12688

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de nomeamento do xefe do servizo do Gabinete da Alcaldía.

Mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno local, do 18 de febreiro de 2019, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe de servizo do Gabinete da Alcaldía deste Concello, aprobada pola Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno local, do 20.8.2018 (DOG núm. 238, do 14 de decembro).

Segundo. Adxudicar a José Manuel Peña Penabad o posto de traballo de xefe do servizo do Gabinete da Alcaldía, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada por Acordo da Xunta de Goberno local do 31.8.2017 e coas características que se describen na seguinte táboa:

Servizo

Cd. U.

Org.

Unidade Org.

Ref. Pto.

Pto. traballo

Dot.

Gr.

N/C

Escala

RE

Element. Espec.

TP

FP

UE

Adm

Observac.

Gab. Alc.

GA0000

Gab. Alcaldía

1

X. Servizo

1

A1

28

AX/AE

F

FR14 ED

N

LD

S

TD

Criterios establecidos Art. 17.4.a)1-2-4 Normas de xestión

Terceiro. O expresado nomeamento producirá efectos a partir da data de toma de posesión do posto de traballo obxecto da presente convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, de 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando se finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíquese a presente resolución ao interesado e ao director de apoio á Alcaldía.

A Coruña, 22 de febreiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración