Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12874

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO das bases para cubrir a praza de técnico superior en prevención de riscos laborais.

No BOP do 12 de xaneiro de 2019 publicáronse íntegras as bases para cubrir a praza de técnico superior en prevención de riscos laborais, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de funcións especiais. Oposición libre. Título universitario de grao nalgunha das ramas de Enxeñaría ou Arquitectura, ademáis dun máster de Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais (coas especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada) ou equivalente. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

As solicitudes para participar nas probas selectivas dirixiránselle ao presidente e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (norma que se estima vixente de acordo co establecido na disposición derradeira 7ª da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), durante o prazo de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, e achegando coa solicitude o correspondente xustificante, fixados en 19 euros segundo o establecido no artigo 5 da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola participación en procesos de selección de persoal da Deputación Provincial de Ourense (BOP nº 166, do 20 de xullo de 2018).

A Deputación facilitará copia das bases e modelo oficial nas oficinas do Rexistro Xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense) e tamén desde a páxina web www.depourense.es

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos, na páxina web www.depourense.es, e no Boletín Oficial da provincia de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

Ourense, 19 de febreiro de 2019

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense