Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12871

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, por concurso específico, de varios postos de traballo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 31, do 13 de marzo de 2019, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 29 de xaneiro de 2019, referente ás convocatorias para prover os seguintes postos de traballo polo sistema de concurso específico:

1 posto de xefe/a do Servizo de Informática do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Xestión Tributaria do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Edificación do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Emprego e Empresa do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Contratación do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Interior e Atención Cidadá do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Mobilidade Urbana do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Museos Científicos do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Bibliotecas do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 22 de febreiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración