Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de febreiro de 2019 polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario e execución de obras da concesión administrativa outorgada a Combustibles Puerto de Cangas, S.L.U. con destino á construción e explotación de instalacións de subministración de carburantes a embarcacións no porto de Cangas (expediente 13-20-95-C1).

Estase a tramitar unha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario da concesión administrativa outorgada a Combustibles Puerto de Cangas, S.L.U. para construción e explotación de instalacións de subministro de carburantes a embarcacións no porto de Cangas. Así como a tramitación das obras descritas no proxecto de mellora de instalación de subministro de carburantes líquidos a embarcacións no porto de Cangas do Morrazo, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Eloy Fernández-Valdés Gómez de Membrillera, en outubro de 2017.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2019

José Ignacio Villar García
Director xeral de Portos de Galicia