Non se puido levar a cabo a notificación da resolución de finalización do expediente sancionador 2018300AL-CO incoado a Wok City, S.L.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3 (A Coruña).
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A Coruña, 11 de febreiro de 2019
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2018300AL-CO.
Interesada: Wok City, S.L. (Wok City).
DNI/NIF/CIF: B70276886.
Último enderezo coñecido: estrada Baños de Arteixo, 43, 15008 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.