Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13173

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 227, do 29 de novembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación coa aspirante que superou o proceso selectivo con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coas bases IV.2 e IV.3 da convocatoria, a aspirante disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista nas citadas bases.

Segundo. Elevar esta relación para os efectos de que a persoa que figura nela sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de Función Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2019

José Francisco Alonso Picón
Presidente do tribunal

ANEXO

Acceso libre

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

Concurso

Total

1

3327****

López Souto, María Dolores

10,33

10,66

11,30

Exenta

39

71,29