O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.
Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016, do titular da consellería competente en materia de función pública, apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).
En virtude do Decreto 116/2018, do 4 de outubro, Ildefonso de la Campa Montenegro tomou posesión do cargo de director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social (DOG núm. 191, do 5 de outubro) e presentou o anexo IV Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.
Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara no momento do seu nomeamento, e que se publica como anexo a este anuncio.
Tal e como consta no referido modelo anexo IV:
1. Non se inclúen os seguros de vida.
2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2019
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Titular do cargo: Ildefonso de la Campa Montenegro.
Cargo público orixe da declaración: director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
Motivo: toma de posesión.
I. Activo.
1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 129.157,62 €.
2. Valor total doutros bens: 12.086,46 €.
3. Total: 141.244,08 €.
II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 158.702,07 €.