Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN407A 2016/2411-1, no concello de Teo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada cambio de sección túnel Vilar de Francos-Ponte Espiño, no concello de Teo (expediente IN407A 2016/2411-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 25 de febreiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/2411-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: cambio de sección túnel Vilar de Francos-Ponte Espiño.

Concello: Teo.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Número de depósito

Importe

8

Teo

Herdeiros de María Carmen Villar López

2693/2018

3,65 €