Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13283

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (465/2018).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, por este edicto fago constar que na peza de apelación 465/2018, dimanante de procedemento more uxorio 1265/2016 do Xulgado de Primeira Instancia número 12 de Vigo, esta sección ditou a Sentenza do 28 de decembro de 2018 en que estima en parte o recurso de apelación interposto por Ana R. R. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 12 de Vigo e fixa alimentos a favor do fillo, Jonny, cuxo texto íntegro está nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe interpor recurso de casación por interese casacional e/ou extraordinario por infracción procesual que se deberá interpor no prazo dos vinte (20) días hábiles seguintes ao da notificación, por medio de escrito con sinatura de letrado e procurador que se presentará ante esta sección.

Para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Pierluigi Manes, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino este edicto.

Vigo, 18 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza