Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13360

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO relativo á convocatoria do Premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo para o ano 2019.

Para os efectos oportunos, faise público que no BOP núm. 18, do día 22 de xaneiro de 2019, se publica anuncio relativo á convocatoria do premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo para o ano 2019, consistente nun único premio, cunha dotación total de 3.000,00 €. O prazo de presentación de propostas e traballos finaliza o día 18 de marzo próximo e deben ser remitidos á Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, 32, baixo a epígrafe de «XXIX Premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo». Pode solicitarse información no teléfono 988 31 76 09 ou no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación Provincial de Ourense.

Ourense, 27 de febreiro de 2019

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense