Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 43, do 1 de marzo de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:
1. Na páxina 11982, no artigo 9.3, onde di: «Sen prexuízo do establecido no artigo 4.2 s), as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas ou subvencións destinadas aos mesmos investimentos, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas obtidas con fondos públicos non exceda o 100 % dos custos subvencionables», debe dicir: «As subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas ou subvencións destinadas aos mesmos investimentos, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas obtidas con fondos públicos non exceda o 100 % dos custos subvencionables».
2. Na páxina 11985, no artigo 11.1.c), onde di: «Memoria onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo III da presente resolución. Na memoria indicarase obrigatoriamente a distribución por anualidades proposta polo solicitante», debe dicir: «Memoria onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo III da presente resolución».