Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13654

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 28 de febreiro de 2019 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEIP de Culleredo, do concello de Culleredo.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DispoÑo:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Culleredo.

Código: 15033149.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Culleredo.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Vila de Rutis.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional