Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13841

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2019 de acordo de delegación de competencias do presidente nas xefaturas de zona.

O 25 de febreiro de 2019 a presidencia da EPE Portos de Galicia acordou aprobar varios pregos de condicións de autorizacións de utilización de dominio público, así como delegar parcialmente nas xefaturas de zona correspondentes da entidade pública empresarial a competencia prevista no artigo 12.3.j) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

En virtude do acordo citado,

RESÓLVESE:

Delegar nas xefaturas de zona correspondentes, por motivos de axilidade de xestión de expedientes, a competencia para outorgar as seguintes autorizacións:

• Autorización para utilización de instalacións portuarias de ocupación de superficie.

• Autorización para utilización de instalacións portuarias para celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas.

• Autorización para utilización de instalacións portuarias para ocupación de superficie para actividade comercial recreativa de instalación de terraza anexa a negocio.

• Autorización para utilización de instalacións portuarias para celebración periódica de mercado ambulante.

• Autorización de ocupación de departamentos de usuarios construído para tal fin, tales como bloques de departamentos para almacenaxe de aparellos ou para exportadores.

Esta delegación parcial de competencia axústase ao previsto no artigo 12.3.i) da Lei 6/2017, que atribúe á Presidencia a competencia de conferir as delegacións de competencias que xulgue oportunas, e que neste caso, se xustifica polas características específicas das autorizacións a resolver, as cales constitúen un moi considerable volume de expediente que pola súa eventualidade precisan dunha axilidade na súa xestión e resolución, e que pola súa sinxela tipificación ou estandarización permiten a súa resolución mediante criterios preestablecidos.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do previsto no artigo 6 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 9.3 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia