Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13794

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 28 de febreiro de 2019 de cesamento e nomeamento de membros do Consello de Bioética de Galicia.

O presidente do Consello de Bioética de Galicia enviou o día 21 de febreiro de 2019 un escrito ao conselleiro de Sanidade en que comunica a renuncia de Alfredo Valdés Paredes, médico de familia da EOXI de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras, como membro do citado consello.

Antecedentes.

A Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se regulan as funcións, a composición e o funcionamento do Consello de Bioética de Galicia foi obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 27 de outubro.

Mediante a Orde do 16 de novembro de 2015 nomeáronse os membros integrantes do Consello de Bioética de Galicia (DOG) do día 23 de novembro, entre os que figuraba Alfredo Valdés Paredes.

Consideracións legais e técnicas.

De conformidade co artigo 3.1 parágrafo II da Orde do 16 de outubro de 2015, «os membros do Consello de Bioética de Galicia serán nomeados e cesados pola persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade por un período de tres anos, prorrogables por outro período de igual duración. Tanto o nomeamento como o cesamento serán publicados no Diario Oficial de Galicia».

Pola súa banda, o artigo 8 establece que unha das causas de cesamento dos membros do consello é «a renuncia expresa presentada por escrito ante a persoa titular da Presidencia do Consello».

No que atinxe á súa composición, segundo dispón o artigo 3.1 da orde «o Consello de Bioética de Galicia estará integrado por un máximo de vinte membros, que deberán dispor de titulación en Ciencias da Saúde, Humanidades ou Ciencias Xurídicas e Sociais. Polo menos a metade deles deberá ter formación en bioética».

Na actualidade, a composición do consello axústase ao citado tope numérico, e coa vontade de mantelo, propúxose o nomeamento de Juan Antonio Garrido Sanjuán, médico internista pertencente á EOXI de Ferrol como novo membro do Consello de Bioética de Galicia.

Logo de ver o que se expuxo,

ACORDO:

O cesamento de Alfredo Valdés Paredes, por petición propia, como membro do Consello de Bioética de Galicia.

Así mesmo, o nomeamento de Juan Antonio Garrido Sanjuán, como membro do Consello de Bioética de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade