No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 27, do 7 de febreiro de 2019, publicáronse a bases aprobadas por resolución da Concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 29 de xaneiro de 2019, relativas á seguinte convocatoria do posto de libre designación:
– 1 posto de xefe/a de Servizo de Acción Social.
O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Estas convocatorias e as súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 1 de marzo de 2019
O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración