Ao non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018269TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Texas Bar Hostelería, S.L. (Bar Chiringuito).
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019
Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2018269TA-PO.
Interesada: Texas Bar Hostelería, S.L. (Bar Chiringuito).
Documento de identificación: B27771369.
Último enderezo coñecido: rúa Ludeiro, núm. 18, 36415 Mos (Pontevedra).
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 1.200,00 euros.