Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 239/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 239/2018, seguido por instancia de Baldomero Martínez Barbeito contra Ifedic Pereira, S.L., Ifecgas Pereira, S.L., Manuel Freire Muíño e Juan Carlos Pereira Freire contra o Fogasa, sobre reclamación de salarios, ditouse Sentenza 269/2018, do 30 de outubro, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Pereira Freire, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza