Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14059

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira (limpador/a) polo sistema de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 33, do 15 de febreiro de 2019, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira, limpador/a, integrada no grupo agrupación profesional, escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Estrada, 22 de febreiro de 2019

José C. López Campos
Alcalde