Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da denegación dos procedementos que se sinalan no anexo.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo director xeral do IGVS.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 28 de febreiro de 2019
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Acto obxecto de notificación: denegación
Expediente |
DNI/NIE |
15-BONAL-033/2016 |
46910162Y |
15-BONAL-110/2017 |
Y4956207C |
15-BONAL-091/2018 |
32649430X |
15-BONAL-094/2018 |
77544158A |
15-BONAL-187/2018 |
32691167W |