Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental (DIA) e a modificación da declaración de impacto ambiental dos proxectos de transformación en regadío das comunidades de regantes de Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo, nos concellos de Xinzo de Limia, Trasmiras e Porqueira.

En cumprimento do disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, faise pública a declaración de impacto ambiental (DIA) e a modificación da declaración de impacto ambiental dos proxectos de transformación en regadío das comunidades de regantes de Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo, nos concellos de Xinzo de Limia, Trasmiras e Porqueira (Ourense), promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/declaracions_de_impacto_ambiental/) e na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural