Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de marzo de 2019, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Santa Baia de Losón (Lalín).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Santa Baia de Losón (Lalín-Pontevedra) que, con data do 22 de febreiro de 2019, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial de Galicia, e en cumprimento do establecido no seu artigo 35, unha vez revisada a documentación e planos que o compoñen, mediante este acto apróbase o acordo da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Losón (Lalín-Pontevedra).

Conforme o establecido no número 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a Xunta Local da zona.

A Xefatura Territorial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial desta Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

Pontevedra, 1 de marzo de 2019

María José Pérez Gil
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra