Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14498

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, varios postos vacantes de persoal licenciado sanitario.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde de 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 130, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, os postos vacantes de persoal licenciado sanitario que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes deberanse presentar nas unidades de rexistro dos centros integrantes da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio deste convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 26 de febreiro de 2019

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo do Aparello Dixestivo.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: coordinador/a de Urxencias Hospitalarias.

Número de vacantes: 1.