Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Veterinarios de Saneamiento Ganadero de Galicia (Avesga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación do domicilio social de dita asociación, que pasa a ser na avenida de Finisterre, 109, 1º B. 15004 A Coruña.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros da asociación os veterinarios que dalgunha maneira teñan interese en servir aos seus fins e que realizasen campañas de saneamento gandeiro de Galicia ou o seu equivalente no Programa de sanidade animal ata decembro de 2001.

Asinantes: Patricia Victoria González-Seco Vijande e Francisco Javier Jiménez Leo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego