Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente VI-13061 e seis máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido dos/das interesados/as sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non faceren así, se terán por notificadas.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 25 de febreiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A/VI-13061

35572396K

Resolución de aboamento único de atrasos

18.12.2018

BS210A/VI-20402

36098890E

Declaración de caducidade e acordo de arquivamento

12.11.2018

BS210A/PO-24335

36162158V

Resolución de aboamento único de atrasos

18.12.2018

BS210A/PO-28564

77407856E

Resolución aboamento único de atrasos

17.12.2019

BS210A/PO-33357

35376484T

Aceptación da renuncia e arquivo

8.10.2018

BS210A/VI-49166

35915271N

Resolución pola que se acepta a renuncia e arquivamento

5.12.2018

BS210A/VI-53083

X7750553J

Revisión da resolución de aprobación do Plan individual de atención

19.11.2018