Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 18 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican dúas resolucións ditadas no procedemento BS650A, competencia desta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, tentada a notificación no último enderezo coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante edicto para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se terán por notificadas.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta días (30) seguintes ao da data da súa notificación segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 18 de febreiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650A:

Núm. DNI/NIE

Nº de expte.

Resolución e data

76911120V

3600455-I/16

Desistencia 30.8.2018

53118164D

3600588-I/16

Denegación 27.11.2018