Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de equipamento en solo rústico de Cela.

Mediante o Acordo plenario deste concello, do 31 de xaneiro de 2019, apróbase definitivamente o Plan especial de equipamento en solo rústico de Cela, redactado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz, de conformidade cos artigos 36.4 e 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste plan especial e que está á disposición de calquera interesado é www.cambre.org.

Este acordo, de conformidade co establecido no artigo 84 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, supón a aprobación definitiva dunha disposición administrativa de carácter xeral, polo que non poderá ser obxecto de recurso en vía administrativa, senón tan só do correspondente recurso contencioso-administrativo, de conformidade igualmente co artigo 112.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, e deberá presentalo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Cambre, 11 de febreiro de 2019

O alcalde
P.D. (Resolución 1841/2016, do 18 de novembro)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Area de Urbanismo,
Obras e Medio Ambiente