Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14452

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2019 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas mediante a Resolución do 29 de outubro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 212, do 7 de novembro).

O artigo 10 da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas sinala que o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeneral da Academia Galega de Seguridade Pública a relación dos/as aspirantes declarados/as aptos/as, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo. Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial (PR472A) que se publicou como anexo II na Resolución do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro), xunto co xustificante de ter aboado a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderase facer en calquera das modalidades previstas na disposición terceira da resolución de convocatoria e deberanse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de Servizos Centrais.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa. Denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 6,08 euros

Terceiro. Contra esta resolución, que non esgota á vía administrativa, poderán os/as interesados/as, interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 8 de marzo de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Abilleira Ambroa, Roberto

Alonso Sampedro, Pablo

Blanco García, John Rafael

Cáceres Villalba, Óscar

Calvelo Pérez, Saúl

Calvo Suárez, Xosé Manuel

Carballido Rodríguez, Juan Carlos

Costas Vázquez, Néstor

Currás Enes, Luis

Diallo Sall, Cherif

Díaz Costas, Verónica

Díaz Gómez, Miguel

Domínguez Feijoo, Daniel

Durac, Florín Madalin

Estévez López, Francisco Javier

Estévez Valcárcel, Ladislao

Feixo Otero, Felipe

Fernández Collazo, María Belén

Fernández González, José Manuel

Freire Casqueiro, Miguel

Galán de Anda, Juan Carlos

García Baliño, Juan Jesús

García Lellis, Nathalia

Garza Besteiro, Damián

Gómez Estévez, Pablo

Gómez Vega, José Ramón

González Pérez, Marcos

González Vázquez, María

Hermida San Juan, María del Mar

Iglesias Correa, Ramón

Jorge González, Juan

Khalid, Hamza

López-Valeiras Puertas, Juan Bautista

Loureiro López, Alberto

Martínez Barros, Iago

Martínez Fernández, Antón

Olivares Lloves, Sergio

Ortigueira Monteagudo, Albino

Otero Lemos, Raúl

Paz Rodríguez, Laura

Peluffo Irañeta, Hebert Sebastian

Peón Graña, Francisco

Pereira Bellón, Íñigo

Prado Mouriño, Miguel Ángel

Rebolo Gallego, Juan José

Rego Castro, César

Rey Martínez, Raquel

Rios Martínez, Manuel Antonio

Rivas Paredes, María Elena

Rocha Quintela, Hugo

Rodríguez Outeiral, Marcos

Rotea San Luis, Martín

Salgado Calvo, Gabriel

Salgueiro Bea, Alejandro

Sotelo Gayo, Víctor

Suárez Lodeiro, Sergio

Suárez Lodeiro, Silvia

Vaamonde Esteban, Pablo

Valverde Costas, Noé

Vázquez Álvarez, Jorge

Vázquez Leyte, José Ramón

Vicente Suárez, Julio

Vidal Doval, Agustín

Zas Varela, Lucía