Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 22 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de resolucións de recursos de alzada no procedemento BS626F, de competencia desta xefatura territorial (expediente 36057014218 e cinco máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse mediante edicto as resolucións ditadas nos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas no anexo ao seren devoltas polo Servizo de Correos, para os efectos de que no prazo dun (1) mes desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan persoalmente ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Advírtese que contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte á notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de febreiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS626F:

Núm. DNI/NIE

Núm. de expediente

Resolución do recurso e data

Y1995231H

36057014218

Desestimación 13.7.2018

39495870V

36057066517

Desestimación 13.4.2018

Y5045374Q

36038011517

Desestimación 7.5.2018

78735791Y

36008003115

Desestimación 7.5.2018

31647467L

36057065317

Desestimación 13.7.2018

36142391F

36057020816

Desestimación 26.4.2018