Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da desistencia expresa da subvención que se sinala no anexo.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo director xeral do IGVS.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 1 de marzo de 2019
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Acto obxecto de notificación: desistencia expresa.
Expediente |
DNI/NIE |
15-BONAL-125/2018 |
32399392M |