Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de marzo de 2019 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución ditada no procedemento sancionador, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, porque intentada a notificación non se puido practicar (expediente SA/CIV/18/00009).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución no procedemento administrativo sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño (LEG), de estradas de Galicia. Na dita resolución, con imposición de sanción de multa nos casos que se indica (en que se sinala resolución sancionadora) terase en conta que, unha vez que estea esgotado o prazo do período voluntario para o pagamento da multa, procederase ao cobramento por vía de constrinximento.

Intentada a notificación persoal desta resolución, consonte establece o artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), non foi posible a súa práctica. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da devandita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos publícase soamente o contido mínimo do acto, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo Técnico Xurídico II da Secretaría Xeral Técnica, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da Delegación da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante a Presidencia da Axencia Galega de Infraestruturas, no prazo dun mes computado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente-provincia: SA/CIV/18/00009 - Pontevedra.

Interesada: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

Último enderezo coñecido: estrada da Lanzada, 65, San Vicente do Mar, 36980 O Grove (Pontevedra).

Feitos: corta de árbores na zona de dominio público da estrada.

Estrada: VG-4.1.

Resolución: sancionadora.