Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 4 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio correspondente a un expediente de reintegro de axudas e subvencións polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, reguladas na Orde do 28 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), intentada a notificación do acordo de inicio de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela; advírtese que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince (15) días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra.

Pontevedra, 4 de marzo de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: Reint. 2019/01.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2016/256-5.

NIF: 45870690L.

Último enderezo coñecido: r/ Joaquín Loriga, 29 baixo, 36500 Lalín (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.b) da devandita Orde do 28 decembro de 2015.

Contido do acordo: inicio do procedemento de reintegro total.

Data do acordo: 2.1.2019.