Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 252/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 252/2018 deste xulgado do social, seguido a instancia de José Moure Pulleiro contra Riveira Enteira, S.L. e Fogasa, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Riveira Enteira, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 4.967,02 euros en concepto de principal (3.893,82 euros en concepto de salarios, pagas tras vacacións non gozadas e festas non recuperables, máis 1.073,20 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores), máis outros 496,70 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme esta resolución, inscríbase o rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Riveira Enteira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro 2019

A letrada da Administración de xustiza