O Pleno da Corporación na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de febreiro de 2019 adoptou o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do SUNP-22 para a reordenación de volumes no quinteiro 16 (Castro de Abaixo), promovida por EMAC Proyectos y Obras, S.L. (que actúa en representación de Santiago Sur Galicia, S.L.), segundo o proxecto reformado presentado o 25.1.2019.
O presente acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa e ordenanzas, publicaranse no Boletín Oficial da provincia.
Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir a modificación puntual do Plan parcial no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.
Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación puntual poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2019
O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais