Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15614

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2019, o tribunal nomeado pola Consellería de Facenda mediante a Orde do 26 de outubro de 2018 (DOG núm. 215, do 12 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas en relación coas preguntas do cuestionario.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 24 de xaneiro de 2019, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos, fixándose en 28 (vinte e oito) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo «funcionpublica.xunta.gal».

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, os aspirantes que superaron o primeiro exercicio e que non figuren na listaxe publicada pola Dirección Xeral da Función Pública no portal web corporativo «funcionpublica.xunta.gal» de persoas aspirantes, se teñen acreditada a posesión do Celga requirido en calquera procedemento competencia da dita dirección xeral, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 3 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2019

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal